Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil reclama máis medios tras a intervención de risco en Burela

A Garda Civil reclama máis medios tras a intervención de risco en Burela

As asociacións de Gardas Civís destacan a actuación rápida e eficiente dos axentes este domingo en Burela

Reducido un home na praia de Burela tras ameazar varias persoas cun coitelo

O home armado cun coitelo ameaza os axentes da Garda Civil
G24.gal 16/02/2026 13:35 Última actualización 16/02/2026 14:05

Foi unha escena de película, pero real. Axentes da Garda Civil tiveron que reducir en Burela un home que ameazou varias persoas cun coitelo. O suceso causou expectación e temor na vila xa que, ante a resistencia do home, os axentes tiveron que disparar tiros ao aire para lograr que soltara a arma. 

O incidente tivo lugar sobre as cinco da tarde do domingo. Un home visiblemente alterado percorría o paseo marítimo de Burela cun coitelo na man. 

Alertadas as forzas da orde, varios axentes da Garda Civil intentaron que soltara a arma. Pero foi sen éxito, así que se viron obrigados a realizar varios disparos ao aire para que depuxera a súa actitude.   Cando soltou o coitelo, perseguírono polo areal ata que lograron reducilo. 

"Ameazou os gardas co coitelo e, claro, houbo que rodealo ata que conseguiron reducilo. O rapaz estaba bastante bravo. Queiras que non había sete gardas e o rapaz deu que facer". "Actuaron ben. Tiveron a mente fría. Tiraron uns tiros ao aire e cando posou o coitelo o reduciron". 

Ninguén saíu ferido e, tras a súa detención, o home foi trasladado ao hospital para unha valoración.  

Tanto a Asociación Unificada coma a Asociación Española de Gardas Civís defenden a rápida e eficaz actuación dos axentes en Burela e denuncian a falta de medios materiais e humanos coas que os corpos de seguridade teñen que afrontar situacións de alto risco. Reclaman cascos de protección e pistolas táser para poder actuar con maior seguridade ante episodios tan delicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade