Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga a morte dun veciño de Mondoñedo en Lourenzá

A Garda Civil investiga a morte dun veciño de Mondoñedo en Lourenzá

O falecido apareceu no interior do seu coche 

Con anterioridade estivera en varios negocios de hostalería, onde discutiu con outras persoas

G24.gal 10/04/2022 21:01

O falecido é un veciño de Mondoñedo, de 61 anos, que estaba dentro do seu propio coche, no exterior deste negocio situado ás aforas de Lourenzá.

Como non reaccionaba, un particular avisou o 112. Os servizos sanitarios comprobaron que non presentaba sinais de vida, polo que chamaron a Garda Civil.

Ao parecer, o home estivera antes noutros establecementos de hostalería da vila, onde coincidiu con outras persoas coas que puido ter un enfrontamento.

A Garda Civil investiga os feitos. Está pendente de coñecer o resultado da autopsia, que pode revelar se o corpo presentaba signos de violencia ou, pola contra, se a morte foi por causas naturais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade