Cargando resultados...
A Garda Civil investiga a morte dun bebé de dous meses en Lalín
G24.gal
28/07/2022 16:51
Un bebé de dous meses apareceu morto na súa casa sen que polo de agora se coñezan as causas. Só se sabe que alguén chamou unha ambulancia do 061 e que cando chegaron os sanitarios á vivenda, o meniño xa estaba morto.
Aínda así intentaron reanimalo e mandárono ao hospital Clínico de Santiago, pero xa non se puido facer nada pola súa vida.
A Garda Civil de Lalín é a encargada de esclarecer o caso. Os investigadores están á espera da autopsia para coñecer as causas do falecemento e determinar posibles responsabilidades.