A Garda Civil intercepta un home que circulaba en patinete eléctrico pola autovía A-52
Por estes feitos formulouse unha denuncia por infracción grave ao Regulamento Xeral de Circulación, sancionada con 200 euros

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense interceptou un home que circulaba en patinete eléctrico pola autovía A-52 en dirección O Porriño (Pontevedra).
Tal e como trasladou a Garda Civil nunha nota de prensa, o pasado 11 de setembro, arredor das 16:00 horas, recibiron varios avisos a través do 112 alertando da presenza dun patinete eléctrico circulando pola autovía A-52.
Os axentes desprazáronse ata alí, localizando ao vehículo á altura do punto quilométrico 247, en sentido O Porriño. O seu condutor, un home de mediana idade, manifestou incorporarse por erro á autovía seis quilómetros antes e, ao decatarse da confusión, decidiu continuar circulando pola vía de alta capacidade.
Neste contexto, os propios axentes trasladaron ao condutor e o seu patinete fóra da autovía no vehículo oficial para evitar riscos propios e da seguridade viaria.
Por estes feitos formulouse unha denuncia por infracción grave ao Regulamento Xeral de Circulación, sancionada con 200 euros.
Con todo, a Garda Civil lembrou que se prohibe circular por travesías, vías interurbanas e autoestradas e autovías que transcorren dentro de poboado, con vehículos de mobilidade persoal. Así mesmo, queda prohibida a circulación destes vehículos en túneles urbanos.