Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil desarticulou un punto de venda de droga e detivo dous veciños de Rianxo

A Garda Civil desarticulou un punto de venda de droga e detivo dous veciños de Rianxo

Incautáronse de 4.180 doses de heroína, 295 de cocaína, 219 de pole de haxix, 75 de marihuana e 12 de MDMA

G24.gal 15/06/2023 10:36

A Garda Civil de Boiro, en colaboración coa Policía Local de Rianxo, desarticulou un punto de venda de substancias estupefacientes e detivo dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na fase de explotación da operación Maquineiro.

A mencionada operación iniciouse a principios deste ano e deu como froito a investigación de dúas persoas como supostos autores dun delito contra a saúde pública na primeira fase. 

A Garda Civil mantivo a operación aberta co obxectivo de lograr a identificación doutras persoas relacionadas se as houbese e a localización do punto de abastecemento das substancias
estupefacientes.

No transcurso da investigación, os efectivos actuantes lograron, como froito do traballo de campo realizado, a identificación plena dos presuntos subministradores e a localización do posible punto de abastecemento, no cal se producía unha trasfega.

Incautaron un turismo, 4.180 doses de heroína, 295 de cocaína, 219 de pole de haxix, 75 de marihuana, 12 de MDMA, 12.055 euros, unha pistola de fogueo e 5 balanzas de precisión, 5 teléfonos móbiles, un patinete eléctrico, unha defensa, uns grillóns.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, e a Autoridade Xudicial decretou o ingreso en centro penal sen fianza dun deles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade