Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil desartella un grupo criminal que cometeu roubos nas provincias da Coruña e Ourense

A Garda Civil desartella un grupo criminal que cometeu roubos nas provincias da Coruña e Ourense

Hai tres detidos como responsables de, polo menos, 11 roubos

A banda empregaba un modus operandi sofisticado para localizar as vivendas en que ía entrar

 

Nos rexistros recuperaron parte do botín subtraído polos ladróns
G24.gal 22/08/2024 21:03 Última actualización 22/08/2024 21:21

A Garda Civil desartella un grupo criminal dedicado a roubar en pisos de provincia da Coruña e de Ourense. Hai tres detidos como responsables  de polo menos 11 roubos en Fene e en Ourense. Os arrestados empregaban técnicas sofisticadas para escoller as vivendas nas que ían entrar.

"A banda para verificar que os habitantes dos pisos non estaban deixaban marcas con fíos de pegamento ou silicona. Días despois volvían para comprobar que as vivendas seguían baleiras. Entraban no interior empregando métodos que case non deixan evidencia visual de que a pechadura foi forzada", relata David López, tenente da Policía Xudicial da Garda Civil.

Chamamento ás vitimas dos roubos

Tras as detencións, nos rexistros posteriores, a Garda Civil recuperou parte dos obxectos roubados, algúns cun valor importante como  reloxos ou xoias de ouro. Este xoves, algunhas das vítimas puideron recuperar as súas pertenzas pero aínda quedan obxectos por identificar por iso a Garda Civil fai un chamamento aos posibles propietarios para que se poñan en contacto coa comandancia da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade