Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paralizan o aeroporto de Palma despois de que varios pasaxeiros fuxiran dun avión

Paralizan o aeroporto de Palma despois de que varios pasaxeiros fuxiran dun avión

A actividade do aeroporto está paralizada debido ao suceso

G24.gal 05/11/2021 23:27

Unha vintena de coches da Garda Civil e de seguridade do aeroporto de Palma buscan esta noite polas dúas pistas e os seus arredores ao grupo de pasaxeiros dun voo internacional entre Marrocos e Turquía que abandonaron o avión.

O aeroporto de Palma paralizou esta noite a súa actividade porque estes viaxeiros baixaron do avión e deambulaban polas pistas, despois de que o tivese que aterrar de urxencia en Son Sant Joan pola indisposición dunha persoa.

A escuridade da noite está a dificultar a localización dos pasaxeiros, comentaron fontes do operativo de procura.

O suceso tivo lugar sobre as 20:30 horas cando un avión da Royale Air Marroc aterrou de urxencia en Palma porque un pasaxeiro se atopaba mal e precisaba atención médica inmediata.

Os pasaxeiros marcharon cando a ambulancia chegou ata onde se atopaba o avión, a pé de pista, para trasladar ao enfermo a un hospital da capital balear. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade