Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Galicia rural tamén sofre a embestida da covid

A Galicia rural tamén sofre a embestida da covid

Cada día hai máis concellos rurais en risco moi alto

En toda Galicia só dous municipios están totalmente limpos

Casa do concello de Rois
G24.gal 06/01/2022 13:59

 "A xente non pode saír, uns se dan positivo a familia ten que estar confinada e entón xa non hai a xente que había todos os días, xa non hai moita e agora hai menos claro", apunta  Luis Varela, hostaleiro de Rois.

Hoxe Rois parecía un pobo pantasma cunha choiva morriñenta que  restou luz a este día de Reis. Os veciños tampouco están para moitas festas, este Nadal pasou sen pena nin gloria.

E aínda así sumaron 110 positivos estas últimas dúas semanas o que eleva a súa incidencia acumulada a 2.448 que pon ao concello en risco moi alto a pesar do seu carácter rural.

 "O núcleo onde vivo eu é unha aldea moi pequeniña e a xente toda se vacinou e non é xente que sexa de saír entón mantense máis ou menos protexida o que non quere dicir que nuns días esteamos bastante fastidiados", conta un rapaz.

Os concellos do rural ocupan en total o 86% do territorio galego e só dous, Muras e Ribeira de Piquín están totalmente libres de covid, polo que a sensación é de aínda queda moita loita

"Isto aínda vai para largo", vaticina un señor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade