A G2 retransmite esta fin de semana os partidos da Malata e de Pasarón
O Rácing non pode perdoar diante dun Ceuta en postos de descenso
O Pontevedra debe comezar a remontar diante dun dos galos da categoría, o Real Madrid Castela
Despois de sumar un punto en Valdebebas, que incluso soubo a pouco, o Rácing volve á Malata este sábado coa oportunidade de enfrontarse ó último clasificado, o Ceuta.
O Domingo tamén veremos pola G2 o Pontevedra-Real Madrid Castilla. Segundo intento de reacción para os granates tralo cambio de adestrador.
O Deportivo visita o San Fernando, co própósito de achegarse un pouco máis ó liderato e mellorar fóra porque en Riazor ten todo da súa parte.
Este mesmo venres os coruñeses anunciaron o cuarto reforzo de inverno, o central Pepe Sánchez, procedente do Granada. Tamén fichou o filial do Celta, o extremo atacante internacional chileno Clemente Montes. Sen el xogará o filial celeste en Córdoba este domingo, todo un test para o equipo de Giraldez que...sorprende para mellor cada xornada.