Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fundación Marta Ortega inaugura Future Stories, o proxecto co que apoia novos creadores

A Fundación Marta Ortega inaugura Future Stories, o proxecto co que apoia novos creadores

A exposición recolle o traballo dos catro fotógrafos galegos que recibiron a bolsa da Fundación MOP para estudar fotografía de moda en Italia

A mostra poderase visitar ata o 3 de xuño

G24.gal 12/05/2026 19:46

No Centro da Fundación MOP, no antigo espazo industrial do Peirao de Batería da Coruña, inaugurouse Future Stories, unha exposición colectiva de catro novos fotógrafos galegos. O evento contou coa presenza da presidenta da fundación, Marta Ortega. 

A mostra é o resultado do proxecto artístico realizado por AK, Laura Parajuá, Mara Vecoña e Natane Vilas. Os catro recibiron a bolsa da fundación para estudar fotografía de moda en Italia. Durante catro meses puideron formarse na prestixiosa Fundación Sozzani de Milán. 

Marta Ortega durante a inauguración da exposición Marta Ortega durante a inauguración da exposición

Esta é a terceira edición do Future Stories, que así se chama o programa da Fundación MOP de apoio á creadores novos no inicio da súa carreira. A exposición poderase visitar ata o 3 de xuño. Despois, a partir do día 20, será Paolo Roversi, o fotógrafo protagonista da mostra de verán da MOP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade