Cargando resultados...
A Fundación Manuel Moldes bota a andar en Pontevedra cunha antolóxica do artista
Manuel Moldes neceu en Pontevedra en 1949 e morreu na mesma cidade no 2017
Foi un dos fundadores do grupo Atlántica que revolucionou a arte galega nos anos 80
Ademais de artista foi profesor de debuxo na escola de Belas Artes desde 2005 ata o 2017
G24.gal
15/01/2024 14:37
Última actualización 15/01/2024 16:26
Manuel Moldes, un dos fundadores do grupo Atlántica e un destacado referente da plástica galega nas últimas décadas, xa ten fundación en Pontevedra, a cidade onde naceu e morreu. Cunha antolóxica sobre a súa obra bota a andar esta fundación que busca conservar e difundir o legado deste pintor que sempre se moveu no ámbito da experimentación.