Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fragata Juan de Borbón regresa a Ferrol

A fragata Juan de Borbón regresa a Ferrol

Levaba dous meses despregada cunha agrupación da OTAN en augas do norte de Europa 

Exerceu de buque de mando durante 21 días

G24.gal 09/11/2021 14:49

A fragata Almirante Juan de Borbón regresou esta mañá a Ferrol. Levaba dous meses despregada cunha agrupación da OTAN en augas do norte de Europa e, malia que non estaba previsto, exerceu de buque de mando durante 21 días. Familiares e amigos agardábanos no peirao para darlles unha calorosa benvida.

O son das sirenas anuncia a chegada a porto da fragata Juan de Borbón. Despois de dous meses de misión regresan á casa, onde son recibidos con sol, música, abrazos e alguna que outra sorpresa: "Vou ter outro neno, sóubeno hai pouco, el xa estaba embarcado", di a muller dun dos  militares. "É unha enorme alegría o reencontro, ademais hoxe é o seu aniversario", explica un membro da dotación.

É a recompensa despois de participar, e mesmo liderar, os exercicios militares e as patrullas de seguridade realizadas no Báltico e no mar do Norte cunha agrupación permanente da OTAN.

"Fomos buque de mando durante 21 días, iso deunos protagonismo e amosa o compromiso de España coa OTAN", explica José María Almira, o Comandante da fragata.

Pola súa banda, o Comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie, Gonzalo Leira engade que finalizan o traballo con enorme eficacia e amosan un importante grao de preparación.

Os mandos destacan a boa resposta da fragata e da dotación, que tivo que convivir en burbullas pola covid. Regresan con cero contaxios, así que hoxe non hai distancias para abrazar os máis queridos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos