A folga de autobuses seguirá os vindeiros días 5, 9 e 23 de decembro
A folga de autobuses seguirá os vindeiros días 5, 9 e 23 de decembro
En Galicia, os servizos mínimos están fixados no 55 % do servizo de autobuses, e mantense o 100 % do servizo do transporte escolar, así como o dos autobuses de uso especial para dos traslados das persoas traballadoras
De non chegar a un acordo coa patronal, haberá novos paros dos profesionais que conducen os autobuses urbanos e interurbanos os vindeiros días 5, 9 e 23 decembro
Segunda xornada da folga de condutores de autobuses urbanos e interurbanos. Reivindican a xubilación anticipada no sector. En Galicia, normalidade hoxe no funcionamento dos servizos mínimos, pero hai convocados máis paros nos vindeiros días.
De non chegaren a un acordo coa patronal, segundo os sindicatos convocadores deste folga xeral no transporte de viaxeiros, haberá novos paros dos profesionais que conducen os autobuses urbanos e interurbanos os vindeiros días 5, 9 e 23 decembro. A protesta faise para que estes traballadores e traballadoras poidan acceder á xubilación anticipada no sector. Unha folga que se está a levar a cabo en todo o estado español, tamén nas cidades galegas.
A de hoxe foi a segunda xornada deste paro convocado por Comisóns Obreiras, ( CC OO )e CGT e as centrais sindicais UGT ESLT retiráronse tras acadar xa acordos coa pratonal. En Galicia, os servizos mínimos están fixados no 55% do servizo de autobuses, e mantense o 100 % do servizo do transporte escolar, así como o dos autobuses de uso especial para dos traslados das persoas traballadoras.