Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía rexeita que se avise automaticamente dos antecedentes da parella

A Fiscalía rexeita que se avise automaticamente dos antecedentes da parella

Interior aclara que non propón un aviso automático sobre antecedentes por violencia machista

O Goberno plantexa avisar as mulleres só cando se detecte que existe un risco para elas 

O ministro do Interior reúnese cos expertos das distintas forzas de seguridade

G24.gal 10/01/2023 14:59 Última actualización 10/01/2023 20:51

O Ministerio do Interior aclarou este martes que en ningún momento expuxo facer chegar unha "alerta xenérica ou automática" sobre os antecedentes machistas ás mulleres que conviven con homes que agrediron outras mulleres.

Interior respondeu desta maneira tras coñecerse un escrito no que a fiscal de sala contra a Violencia de Xénero, Teresa Peramato, rexeita que as mulleres na devandita situación sexan avisadas de forma automática, aínda que precisa que si poderán ser informadas tras valorar as circunstancias e o risco en cada caso.

"Nunca se pretendeu, planificou ou suxeriu a activación dunha alerta 'xenérica' ou 'automática' fronte a reincidentes por violencia de xénero", matizaron fontes de Interior, pois polo escrito de Peramato podíase entender que se se valorou a implementación dun aviso automático a estas mulleres.

Máis ben, a ferramenta na que se traballa é un "protocolo que permita taxar e ponderar a colisión de dereitos fundamentais" dos agresores e que aínda non se definiu.

Interior consultou á Fiscalía de Sala contra a Violencia sobre a Muller se as forzas de seguridade poden comunicar a unha muller que denuncie unha agresión machista en dependencias policiais que a súa parella ten antecedentes por malos tratos e está incluída dentro do sistema de VioGén.

Co obxectivo de combater o aumento de crimes machistas, Interior fixo esta consulta para estudar como podía avisar a posibles vítimas do risco que corren ao convivir cun agresor persistente tras constatar que nalgúns dos últimos asasinatos non constaban denuncias previas pero o maltratador si que estaba no sistema VioGén por agresións a anteriores parellas.

Catro mulleres asasinadas en 24 horas

O ano 2023 comezou con catro mulleres asasinadas en apenas 24 horas, tres delas a mans das súas parellas.

Este martes, un home foi detido en Marbella tras aparecer na praia o corpo dunha muller sen cabeza nin mans. A Policía investiga se é un novo caso de violencia de xénero. Ante a repunta de asasinatos neste Nadal, a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez recoñece que "algo non estamos facendo ben".

O ministro do Interior reuniu este martes os expertos en violencia de xénero da Policía Nacional, da Garda Civil e de varios corpos autonómicos para analizar os 49 asasinatos rexistrados o ano pasado.


A secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez, reclama "máis recursos xa que cada vez temos máis violencia desvelada".

Os responsables de Igualdade, de Interior e de Xustiza vanse reuniran proximamente para coordinar novas medidas.

Dende Galicia, a secretaria xeral de Igualdade pide mais efectivos policiais para loitar contra a violencia machista. Segundo Susana López Abella, os que hai non abondan para o número de casos que teñen que atender.

Os fillos das vítimas mortais por violencia machista poden pedir as axudas da Xunta a partir de mañá, e teñen de prazo ata o mes de novembro. Tamén poden solicitalas as mulleres que resultaran feridas graves polos seus maltratadores. O orzamento ascende a 70.000 euros este ano. Os solicitantes recibirán 7.000 euros nunha aportación única. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade