A Fiscalía lusa analiza posibles iregulardades na construción da vivenda do primeiroo ministro
A vivenda de Montenegro xa fora investigada en 2024 sobre os supostos beneficios fiscais atribuídos á súa rehabilitación
Imaxe do primeiro ministro portugués, Luís Montenegro, no Parlamento (Henrique Casinhas/Europa Press)
A Fiscalía portuguesa informou este venres de que está aberta unha investigación para analizar supostas irregularidades na construción da vivenda que o primeiro ministro luso, o conservador Luís Montenegro, ten na localidade de Espinho, no norte do país.
Avanzada polo semanario Expresso, a noticia foi confirmada a EFE polo Ministerio Público portugués, que dixo que existe unha investigación no Departamento de Investigación e Acción Penal Rexional do Porto, "que prosegue suxeita a secreto de xustiza, non sendo posible aclarar calquera outra información relativa ao obxecto ou ás dilixencias en curso".
Esta é a segunda investigación confirmada que afectou a vivenda de Montenegro, dado que xa foi arquivada unha primeira causa en 2024 sobre os supostos beneficios fiscais atribuídos á rehabilitación da vivenda de Espinho.