Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía dos Estados Unidos di que Trump gardaba información de "máximo segredo"

A Fiscalía dos Estados Unidos di que Trump gardaba información de "máximo segredo"

O expresidente retruca asegurando que "non fixo nada malo"

Imaxe de arqivo de Donald Trump Imaxe de arqivo de Donald Trump
EFE 26/08/2022 19:50

O FBI atopou no rexistro da residencia do expresidente dos EUA, Donald Trump, 184 documentos clasificados, incluídos 67 documentos marcados como confidenciais, 92 como secretos e 25 documentos marcados como "MÁXIMO SEGREDO", segundo revelou hoxe a Fiscalía do país.

Así figura nunha versión editada do documento en que se expoñen as razóns que xustificaron o rexistro a comezos deste mes na casa de Trump na Florida por axentes do FBI, e que foi difundido este venres.

A chamada "declaración xurada" foi publicada con gran parte do texto oculto e con moitos tramos cubertos, despois de que o xuíz federal Bruce E. Reinhart, con tribunal na Florida, autorizase o xoves a publicación dunha versión reducida.

A razón era, segundo argumentan, non producir "un impacto adverso na procura de evidencia relevante por parte do goberno", como sinalou o Departamento de Xustiza, revela que durante o rexistro na vivenda do expresidente atopáronse quince caixas con documentos clasificados.

Segundo o documento difundido hoxe, catorce das quince caixas recuperadas a comezos de ano de Mar-a-Lago, en Palm Beach, contiñan rexistros clasificados, incluídos 25 documentos marcados como "ultrasecretos".

Trump: "Non fillen nada malo"

O expresidente estadounidense Donald Trump (2017-2021) reaccionou este venres á divulgación dunha versión editada do documento coas razóns que xustificaron o rexistro da súa mansión de Florida asegurando que non fixo "nada malo" e que o sucedido é "un ataque político".

"Non fixen nada malo. Basicamente fomos atacados, a nosa propiedade foi violada. Abriron as caixas fortes, levaron a moitos, moitos axentes do FBI, todo xusto antes das eleccións de medio mandato" de novembro, publicou na súa rede Truth Social.

Trump subliñou que a declaración xurada feita pública está "moi editada" e sen ningunha mención sobre armamento "nuclear", polo que tachou o sucedido de "subterfuxio total de relacións públicas por parte do FBI e do Departamento de Xustiza".

"O xuíz Bruce Reinhart nunca debería permitir a violación de morada na miña casa. Desvinculouse hai dous meses dun dos meus casos pola súa animosidade e odio cara ao voso presidente favorito, eu. Que cambiou? Por que non o fixo neste caso? Obama debe estar moi orgulloso del agora mesmo!", engadiu Trump.

O expresidente republicano, de 76 anos, reiterou nesa mesma plataforma que a súa casa de Mar-a-Lago foi "achandada" a pesar de que os axentes poderían falar con eles "e colleito o que necesitasen".

"Tomaron cousas que nunca deberon levarse. É unha desgraza para o noso país que non acaba nunca. A mesma xente, as mesmas filtracións. Fíltrano aos mesmos lugares e a mesma xente. O noso país é un desastre", recalcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade