Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía cuestiona a versión ofrecida polo patrón do Villa de Pitanxo

A Fiscalía cuestiona a versión ofrecida polo patrón do Villa de Pitanxo

Samuel Koufie declarou ante a Garda Civil que nunca fixeron simulacros de emerxencia durante a marea

G24.gal 15/04/2022 14:15

A Fiscalía da Audiencia Nacional cuestiona a versión dada polo patrón do Villa de  Pitanxo, non so sobre as causas do afundimento, senón tamén sobre os equipos de salvamento. Na súa declaración, dixo que lle pedira á tripulación que colocaran os traxes de supervivencia antes de abandonar o buque, pero os únicos que os puxeron foron el e o seu sobriño. Nin o terceiro supervivente nin ningún dos cadáveres recuperados levaban protección.

Samuel Koufie declarou ante a Garda Civil que ninguén asignou os traxes de salvamento por tallas desde que partiron de Galicia, que non sabía cal era o seu porque nunca os probaran antes nin fixeran, en toda a marea, as prácticas obrigatorias nin os simulacros de emerxencias.

Mentres tanto, o xulgado de Marín aínda non decidiu se asume a investigación do afundimento, despois de que a Audiencia Nacional se inhibira ao seu favor sinalando que existen indicios de 21 homicidios por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade