Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fiscala de Violencia contra a Muller informa de 58 vítimas mortais en 2023

A fiscala de Violencia contra a Muller informa de 58 vítimas mortais en 2023

Teresa Peramato advirte da repunta dos feminicidios e a súa maior incidencia porcentual nas vilas máis pequenas 

G24.gal 16/02/2024 15:06

En 2023 faleceron en España 58 mulleres a mans das súas parellas ou exparellas. Son oito máis ca o ano anterior. E tres delas foron asasinadas en Galicia. Son datos que a fiscala de Sala Delegada de Violencia sobre a Muller compartiu coa xunta de fiscais delegados na Comunidade.

Teresa Peramato advertiu que estas cifras supoñen unha repunta dos feminicidios, polo que a Fiscalía analiza os factores que inflúen na violencia de xénero. Entre eles, a súa maior incidencia no ámbito rural.

"A distancia dos recursos no ámbito rural é un dos temas que estamos barallando. Advertimos que en poboacións menores de 50.000 habitantes a porcentanxe roza o 40 %, e ata 20.000 case o 30 % dos feminicidios consumados", dixo Peramato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade