Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Federación leva o partido de 'play-off' do Racing a Balaídos

A Federación leva o partido de 'play-off' do Racing a Balaídos

Xogará o domingo en Vigo mentres A Malata acollerá o Vilarreal B-UD Logroñés

O Deportivo enfrontarase ao Linense o sábado ás 21:00 en Riazor

G24.gal 30/05/2022 21:59

A Federación Española comunicou os estadios que acollerán os partidos de fase de ascenso á Segunda División. O que máis chama a atención é que, sendo A Malata un dos escenarios da fase, leva a Balaídos o partido que xogará o Racing de Ferrol ante do Ximnástico de Tarragona. Será o domingo ás 18:00 horas. A esa mesma hora, no feudo habitual do equipo departamental, comezará o partido entre o Vilarreal B e a U. D. Logroñés. 

O que si vai xogar no seu campo é o Deportivo. Riazor acollerá o partido entre o equipo de Borja Jiménez e o Linense o sábado ás 21:00 horas. O sábado pola tarde tamén se vai xogar a outra semifinal entre o Albacete e o Majadahonda. Balaídos será o escenario do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos