Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Federación estuda implantar o VAR na 1ª RFEF

A Federación estuda implantar o VAR na 1ª RFEF

Cada adestrador tería dúas posibilidades de pedir a revisión de xogadas ao longo dos partidos

G24.gal 28/07/2025 13:37

A Federación Española de Fútbol estuda implantar un sistema de videoarbitraxe na Primeira RFEF. Sería un sistema diferente ao que se emprega no fútbol profesional e moi semellante ao que se usa noutros deportes como o hóckey herba desde hai unha década. 

Cada adestrador tería dúas posibilidades para pedir a revisión da xogada. No caso de acertar na súa decisión e que o árbitro teña que rectificar mantería as dúas posibilidades. Só se podería usar en accións de gol, accións de penalti, xogadas de cartón vermello ou dunha entidade moi significativa ao longo dos partidos. 

A RFEF aínda non o fixo oficial, pero todo apunta a que se empregaría neste 25-26 nunha categoría na que haberá seis equipos galegos: Rácing de Ferrol, Celta Fortuna, Lugo, Arenteiro, Ourense Club de Fútbol e Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar