Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RFEF píde a dimisión inmediata de Luis Rubiales

A RFEF píde a dimisión inmediata de Luis Rubiales

Madrid acolle unha nova concentración de apoio a Jenni Hermoso

G24.gal 28/08/2023 22:25 Última actualización 28/08/2023 22:55

COMUNICADO OFICIAL DA COMISIÓN DE PRESIDENTES TERRITORIAIS DA RFEF:

Unha vez finalizada a reunión da Comisión de Presidentes de Federacións de ámbito Autonómico e Territoriais da RFEF, ponse en coñecemento do mundo do fútbol e da sociedade os seguintes acordos por unanimidade:

-Despois dos últimos acontecementos e os inaceptables comportamentos que danaron con gravidade a imaxe do fútbol español, os presidentes solicitan que, de maneira inmediata, D. Luís Rubiales presente a súa dimisión como presidente da RFEF.

-Felicitamos efusivamente a selección feminina de fútbol polo seu triunfo na Copa do Mundo. Valoramos o significado e o legado do éxito para o deporte español. Presentamos a nosa admiración e agradecemento a un grupo de xogadoras irrepetible e estendemos a nosa felicitación a todas aquelas persoas que construíron, ao longo dos anos con empeño, o crecemento do fútbol feminino.

-Instaremos os órganos correspondentes a unha profunda e inminente reestruturación orgánica en cargos estratéxicos da Federación para dar paso a unha nova etapa de xestión no fútbol español.

-Unha vez que FIFA suspendeu a D. Luís Rubiales, activáronse os protocolos internos da Federación como consecuencia da suspensión.

-Ademais, instamos ao presidente Pedro Rocha a que se retire de inmediato a última comunicación en nome da Federación con FIFA e UEFA que coñecemos no día de hoxe.

-A RFEF mantén o seu compromiso de continuar implementando o seu investimento, así como as políticas de igualdade para o desenvolvemento do fútbol feminino.

-Por último, a Comisión de Presidentes outorgou o seu respaldo unánime a D. Pedro Rocha para que lidere unha nova etapa onde o diálogo e a reconciliación con todas as institucións do fútbol sexa a liña para seguir. Poñémonos ao dispor do CSD e de todas as institucións implicadas para seguir construíndo xuntos a candidatura ao Mundial 2030.

Nova concentración en apoio a Jenni Hermoso

Centos de persoas manifestáronse este luns na praza de Callao, en Madrid, para pedir a marcha inmediata de Luís Rubiales de todos os seus cargos.

A protesta foi convocada polo movemento feminista de Madrid e nela participaron a vicepresidenta segunda do Goberno en funcións, Yolanda Díaz, a ministra de Igualdade, Irene Montero, e varios membros do PSOE.

Nun comunicado, as asociacións convocadores amosaron a solidariedade coa xogadora Jenni Hermoso e esixiron un deporte e unha vida libre de machismos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade