Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación e a LPFF seguen sen acordo e mantense a folga de árbitras

A Federación e a LPFF seguen sen acordo e mantense a folga de árbitras

A LPFF propón 25.000 euros anuais para as árbitras, mentres que as colexiadas piden unha cantidade próxima aos 50.000 euros

O CSD empraza os dous organismos a ter unha unha xuntanza esta tarde para buscar un acordo con carácter urxente

G24.gal 13/09/2022 12:54 Última actualización 13/09/2022 13:04

A nova reunión mantida este martes entre representantes da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e da liga Profesional do Fútbol Feminino (LPFF) para desconvocar a folga de árbitras que impediu a disputa da primeira xornada da liga concluíu sen acordo entre as partes. Tras a reunión, celebrada na sede da federación, A Cidade do Fútbol das Rozas, as posturas entre ambas as partes seguen afastadas ao non poñerse de acordo nas cantidades económicas que deben percibir as árbitras.

A LPFF propón 25.000 euros anuais para as árbitras mentres que as colexiadas piden unha cantidade próxima aos 50.000 euros, unha cifra que supón unha sexta parte do que reciben os árbitros de Primeira e a terceira dos de Segunda masculina.

Ningún dos dous máximos dirixentes de ambos os organismos, Beatriz Álvarez Mesa e Luís Rubiales, estiveron presentes na reunión deste martes na Cidade do Fútbol das Rozas.

O CSD empraza os dous organismos a ter unha unha xuntanza esta tarde para buscar un acordo con carácter urxente e permanente

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar