Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere reverter a situación de 3 derrotas consecutivas

O Deportivo quere reverter a situación de 3 derrotas consecutivas

O Deportivo Abanca encadea 3 partidos perdidos

Este domingo recibe ao Dux Logroño en Abegondo 

G24.gal 10/10/2025 14:29

O Deportivo Abanca leva sen sumar 3 partidos seguidos tralas derrotas ante o Real Madrid F, o Madrid CFF F e o Alhama, recentemente ascendido á 1ª división. Nestes intres o equipo é 11º con 5 puntos e 14º, con 3 é o Dux Logroño, próximo rival do club herculino.

Este sábado, ás 19:00 en Abegondo, o conxunto dirixido por Fran Alonso quere reverter a situación.

"Con moitas ganas de maquillar unha actuación coa que non estamos contentas, que é inaceptable e que temos moitas ganas de que non se volva repetir¨, explicou o técnico na conferencia de prensa previa ao encontro. 

A pesar desta mala serie, Fran Alonso cre que "dende a pretemporada o equipo estivo en constante crecemento" e que "melloramos moitos aspectos con respecto ao ano pasado". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade