A Federación define os grupos da Primeira e Segunda Federación
Nas dúas categorías hai unha liña continuísta con respecto á temporada anterior

A Federación Española de Fútbol deu a coñecer a composición dos grupos de Primeira e Segunda Federación para a vindeira temporada. Os nove equipos galegos implicados non atoparán ningunha sorpresa porque a RFEF decidiu manter a liña da campaña anterior.
Na Primeira Federación a distribución volve a ser Norte-Sur. Os catro equipos galegos da categoría -Celta Fortuna, Lugo, Ourense C. F. e Arenteiro- estarán no Norte a carón dos equipos de Castela e León, Euskadi, Navarra, Aragón e Cataluña.
Na Segunda Federación a distribución do ano pasado volvía a dar xusto así que non haberá outros experimentos. Os cinco galegos -Bergantiños, Compostela, Pontevedra, Coruxo, Fabril- atoparanse con cinco de Castela e León, catro de Asturias e outros catro de Cantabria.