Cargando resultados...
A fase de ascenso a 2rfef será no Vero Boquete e verase na G2
Os partidos serán Ourense CF-Fabril (domingo, 12:00) e Somozas-Barco (domingo, 18:45)
G24.gal
26/04/2022 21:18
Este domingo o Vero Boquete de San Lázaro acolle as dúas semifinais galegas de ascenso a 2ª Federación. Serán as que enfronten a Ourense C. F. e Fabril (12:00 horas) e Somozas-Barco (16:45 horas). A final xogarase o día 8 de maio nun campo por determinar. O campión galego aínda tería que xogar outra final contra un equipo doutra comunidade.
Os dous partidos das semifinais veranse en directo pola G2 e por g24.gal