Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de persoal cualificado atrasa as construccións e reformas de vivendas

A falta de persoal cualificado atrasa as construccións e reformas de vivendas

Dende hai 5 anos reformar unha vivenda volveuse un crebacabezas. Para unha vivenda duns 70-100 metros cadrados unha reforma integral pode tardar máis de doce meses na nosa comunidade

En Galicia sería preciso incorporar polo menos uns 4.000 traballadores e máis aínda a medio prazo ante a previsión de que se xubilen máis de 10.000 profesionais

Os empresarios buscan novas estratexias como a de implantar quendas dobres e de fin de semana incentivadas para adiantar o remate das obras

G24.gal 08/11/2025 14:29 Última actualización 08/11/2025 14:56

Hai empresas de construción nas que non se para nin as fins de semana. Os traballadores poden optar por horarios ampliados con incentivos económicos.

"Chega un momento en que o tempo non nos acompaña e tés que traballar por dentro e tés que ir cambiando á xente para outros sitios. Moitas veces os espazos que temos programados por causa do tempo ou dos materiais, non nos chega e temos que traballar en quendas dobres e tamén en sábados e domingos." Explica Manuel Bahamonde, da constructora Construverty.

Deste xeito poden axilizar as obras que lles contrataron e competir con vantaxe fronte a outras empresas lastradas pola falta de profesionais.

"E se non tentas cumprir os prazos á xente xéralle moita desconfianza. A xente o que valora, no noso caso, son as datas de entrega. E se nalgún caso non se chegase, temos unhas cláusulas de indemnización ao cliente." Di Bahamonde.

Ademais dos cambios nas quendas, nesta empresa optaron por ampliar a formación para contar con profesionais polivalentes.

"Invístese moito tempo e diñeiro en formación á xente para outras cousas: para por tarima, para outros tipos de remates..."

A escaseza de traballadores cualificados en todos os oficios do ramo da construción e das reformas está a atrasar moitas obras privadas e afecta tamén ás contratacións públicas. Dende o sector apuntan á necesidade de atraer os máis novos á formación nestes oficios, e tamén as mulleres, que agora só representan un 11% do total dos cadros de persoal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade