Publicador de contidos

Publicador de contidos

A expansión da variante ómicron condiciona o Nadal en Europa

A expansión da variante ómicron condiciona o Nadal en Europa

O Reino Unido suma máis de 100.000 casos diarios

Alemaña endurece algunhas restricións

G24.gal 25/12/2021 12:13

Non proliferan os mercados de Nadal nas principais cidades europeas, onde a propagación da variante ómicron está a condicionar as festas.

No Reino Unido, tras reportar máis de cen mil casos en 24 horas, as autoridades agardan a que pasen as celebracións para estudar se se endurecen as restricións.

No caso de Alemaña, preferiron non arriscar e as discotecas non abren, as competicións deportivas son a porta pechada e a partir do martes non poderá haber reunións de máis de dez persoas vacinadas.

As medidas máis estritas son as dos Países Baixos, coa poboación confinada dende o pasado domingo e ata o 14 de xaneiro. Nas celebracións permítense xuntanzas de ata catro persoas pero no exterior non poden reunirse máis de dúas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade