Publicador de contidos

Publicador de contidos

A evolución da covid nos próximos meses definirá se estamos na fin da pandemia

A evolución da covid nos próximos meses definirá se estamos na fin da pandemia

A inmunidade da poboación é máis sólida tras vacinarse e tras sufrir a doenza

Nesta situación descártase a vacina para persoas menores de 60 anos

Vacinas da covid preparadas para ser administradas
G24.gal 17/09/2022 14:30 Última actualización 17/09/2022 14:47

A pouco máis dunha semana de que comece a administrarse a cuarta dose da vacina á poboación máis vulnerable, os datos da covid en Galicia manteñen a boa tendencia que se foi asentando desde principios de agosto.

Nas últimas horas rexistráronse 138 casos novos nas persoas de risco. Nos hospitais hai 127 persoas con coronavirus, 7 nas UCI, e levamos xa máis de tres semanas sen que se superen os 150 pacientes positivos, son os mellores datos deste ano.

O catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Juan Gestal, analizou a situación actual da covid-19 e as previsións para os vindeiros meses.

"A OMS xa comeza a dicir se estaremos no final da pandemia. Eu atreveríame a dicir que dependendo do que ocorra neste outono podemos empezar a falar dunha situación de pospandemia, pero o virus aínda segue circulando. O que si podemos dicir é que aínda que se produza unha nova vaga non vai ser como as que sufrimos no pasado". 

Con esta situación o catedrático Juan Gestal descarta para menores de 60 anos unha nova dose da vacina.

"A poboación está inmunizada. Moitos pasamos a infección, algúns incluso varias veces. E infección máis vacinación supón unha inmunidade máis sólida. Podemos dicir que a inmunidade da nosa poboación é moi importante".

Agarda que se reforce a vixilancia epidemiolóxica para poder anticiparse ás ameazas de novos xermes que aparecen a cada pouco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade