Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tren en Ourense sumou case tantos pasaxeiros como Peinador e Alvedro xuntos

O tren en Ourense sumou case tantos pasaxeiros como Peinador e Alvedro xuntos

O ano pasado contabilizáronse na estación de tren de Ourense 1,8 millóns de viaxeiros

A chegada da alta velocidade resta usuarios os aeroportos da Coruña e Vigo

O AVE Ourense-Madrid foi o que máis medrou en número viaxeiros de toda España 

Pasaxeiros na estación de tren de Ourense
G24.gal 20/03/2023 14:33

O ano pasado a estación de Ourense igualou en pasaxeiros os aeroportos de Vigo e da Coruña. Segundo datos de Renfe, o ano pasado contabilizáronse na estación de tren de Ourense 1,8 millóns de viaxeiros, case os mesmos que nos aeroportos de Vigo e A Coruña xuntos, que sumaron 1,9 millóns.  Os usuarios din que o AVE ten moitas vantaxes.

"As comodidades do tren: chegas á estacion e pasar control de seguridade é todo é máis áxil que o avión. Tes que desprazarte da casa ao avión, chegar media hora ou unha hora antes, e iso tamén o eliminas. Imos en avión tamén, pero temos que ir a Santiago e aquí é moi cómodo.
Iamos sempre en avión, pero vimos moi contentas agora", comentan.

A liña de AVE entre Madrid e Galicia tivo en 2022 un 72 % máis de pasaxeiros ca o ano anterior. Foi a que máis medrou en toda España en número de usuarios, malia que, segundo os viaxeiros, non sempre é puntual.

"Si que é verdade que ás veces os horarios atrásanse moito, pero eu creo que principalmente pola comodidade", di un viaxeiro.

"Agora cada vez collemos máis o tren. Antes dividiamos entre o bus e o tren, pero agora todos imos no tren polo bono. Podemos viaxar gratis e é moito máis cómodo e máis rápido", explica outra.

O AVE impulsou ademais un aumento de pasaxeiros nos autobuses. En 2022 pasaron pola estación intermodal un total de 2,2 millóns, máis de 6.000 ao día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade