A esquerda presiona para a saída da directora da Garda Civil
Esqueda Unida di que debería dar un "paso ao lado" e Podemos cre "patético" que Sánchez non a cese
O PP pregúntas que lle debe o Goberno a Mercedes González
O executivo mantenlle a confianza
Presión desde a esquerda sobre a directora da Garda Civil, pero tamén sobre o Goberno. Sumar e Podemos coinciden en pedir o seu cese. Fernández Maíllo que Mercedes González debería apartarse do cargo trala súa imputación e os de Belarra consideran "patético" que Pedro Sánchez aínda non a cesara.
González e o seu DAO están imputados no caso Leire pero, de momento, o executivo resístese a deixala caer.
"Todo o apoio e respaldo do Goberno" para unha "extraordinaria directora da Garda Civil", dixo o ministro para a Transformación Dixital, Óscar López.
En Génova, o PP, pregúntase "que lle debe" ao executivivo a alto cargo da Benemérita.
A directora xeral da Garda Civil é o primeiro cargo público do Goberno que foi imputado pola súa posible participación ou colaboración coa trama capitaneada polo exdirigente socialista Santos Cerdán e a presunta 'fontaneira' do partido Leire Díez. Ela nega ter nada que ver con esta trama.
Montero arrepíntese de nomear a Vicente Fernández na SEPI
Neste entramado de presunta corrupción, un dos homes clave é o expresidente da SEPI, Vicente Fernández. A que fora vicepresidenta primeira e ministra de Facenda desmárcase agora do seu excolaborador. María Jesus Montero "arrepíntese" de nomear a Vicente Fernández, pero sostén que non sabía nada das súas andanzas. Está en todas "as salsas", di a líder dos socialistas andaluces. Por este caso, esta semana o xuíz tomaralle declaración á presidenta do PSOE, Cristina Narbona, e a outras dez testemuñas.