Citados como testemuñas os dous fiscais que se reuniron con Leire Díez
O xuíz vainos interrogar o 15 de xullo tras o que decidirá se chama tamén ao exfiscal xeral García Ortiz
As citacións enmárcanse no caso que investiga a Díez como presunta líder dunha trama para desmontar investigacións que afectan o PSOE e o Goberno
O xuíz Pedraz cita, como testemuñas, a quen foi a man dereita do exfiscal xeral, a Diego Villafañe, e a súa adxunta, Beatriz López. O ano pasado reuníronse en dúas ocasións con Leire Díez, quen supostamente lideraba unha trama para desmontar investigacións que afectan o PSOE e o Goberno.
Tras escoitalos, o maxistrado decidirá se tamén chama a Álvaro García Ortiz. A causa avanza así na Audiencia Nacional. Esta mesma semana imputaron outras 25 persoas, entre elas, a presidenta da SEPI.
"Quero amosar a nosa confianza na presidenta da SEPI. Dos feitos que coñecemos non hai nada que poña e cuestión a súa xestión", afirma Félix Bolaños, ministro de Xustiza.
Os socios, pola súa banda, piden máis explicacións do PSOE.
"Débense dar todas as explicacións posibles e asumir todas as responsabilidade que implica a función pública", asegura Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais.
E o PP reclama cesamentos urxentes.
"Enxame de corrupción sistémica e no que convertiu Pedro Sànchez o Goberno de España. Antonte 25 persoas da SEPI imputadas desde a cabeza ata o fondo", relata Ester Muñoz, voceira do PP no Congreso.
Nestes momentos están imputados os tres últimos presidentes da SEPI.