Cargando resultados...
A Escola de Arte Dramática de Vigo pecha luns e martes polos casos de sarna
A Escola de Arte Dramática de Vigo pecha luns e martes polos casos de sarna
O centro fará labores de desinfección durante eses dous días

G24.gal
24/03/2023 20:08
Os vinte casos de sarna detectados na Escola de Arte Dramática de Vigo obrigarán a pechar este centro o luns para levar a cabo tarefas de desinfección.
Non está considerado coma un gromo aínda que a Consellería de Sanidade solicitou a lista de afectados e trasladou consellos aos docentes e ao alumnado sobre como actuar para evitar contaxios.
A escola suspendeu algúns actos e as clases retomaranse o mércores despois do festivo local.
Os afectados poden acudir ao centro tomando medidas.