Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empresa pública de vivenda anunciada por Sánchez non convence nin a socios nin a oposición

A empresa pública de vivenda anunciada por Sánchez non convence nin a socios nin a oposición

A patronal da construción cre que unha empresa pública non resolverá os problemas de vivenda en España

Este luns reuniuse en Ferraz a nova executiva do PSOE saída do Congreso de Sevilla

G24.gal 02/12/2024 14:53

Pedro Sánchez mantivo este luns a súa primeira reunión coa executiva saída do congreso de Sevilla. Algunhas caras novas, pero, en esencia, repite o núcleo duro que acompañou o líder nos últimos anos.

Antes de entrar, os socialistas aseguraban arrancar unha nova etapa con "forza" e "ilusión".
"Moi estimulados e moi reafirmados", cualificaba a voceira Esther Peña o ánimo do partido tras o Congreso. Para Alfonso Gómez de Celis, "temos Pedro Sánchez para moitos anos".

O PSOE colle forzas para as próximas citas electorais en 2027 e poñen o foco en remontar nas próximas eleccións municipais e autonómicas. Para iso, para recuperar poder autonómico e local, o PSOE vai renovar as federacións territoriais, comezando, xa esta semana, pola de Madrid.

Para o PP, empeza a purga e fala do congreso de Sevilla como o da corrupción. Segundo Ester Muñoz, "Sánchez obrigou esta fin de semana aos socialistas a aplaudir aos condenados polo maior escándalo de corrupción en España e tamén á súa muller, imputada por catro delitos".

Nese Congreso, o presidente do Goberno anunciou a creación dunha empresa pública de vivenda. A ministra do ramo, Isabel Rodríguez, asegurou que será unha ferramenta para que se aplique a lei de vivenda "e para combater a aquelas comunidades, como a de Madrid, que se empeñan en boicoteala".

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, dálle "a benvida" á noticia "pero isto non serve para baixar hoxe o prezo da vivenda no noso país".

Para Podemos trátase dun "novo anuncio electoralista do PSOE" e para o PP  "unha bomba de fume máis de todas esas que anuncia Sánchez".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade