Publicador de contidos

Publicador de contidos

A economía social achega a Galicia uns beneficios de 850 millóns de euros

A economía social achega a Galicia uns beneficios de 850 millóns de euros

Agrupa máis dun 5 % das empresas ou entidades privadas

G24.gal 29/10/2022 12:14 Última actualización 29/10/2022 15:22

A economía social achega a Galicia uns beneficios (directos e indirectos) superiores aos 850 millóns de euros. O seu peso no tecido empresarial segue aumentando e xa agrupa máis dun 5 % das empresas ou entidades privadas.

Por provincias, A Coruña lidera a clasificación co 43,9 % das entidades, seguida por Pontevedra, cun 35,5 %. Lugo representa o 11,2 % das entidades e Ourense, o 10,7 %.

Por ámbitos de actuación, ten unha forte especialización en servizos sociais, pero tamén ten implantación en sectores como cultura e lecer (6,5 veces superior), educación (5 veces superior) e sanidade (2 veces superior).

As empresas ou entidades de economía social compórtanse de xeito diferente ás mercantís ao perseguiren unha contribución positiva ao conxunto da sociedade grazas aos seus efectos sobre a cohesión social, a cohesión territorial e a creación de emprego inclusivo.

No eido laboral, contan con menor porcentaxe de persoal con xornada parcial (26,7 % fronte ao 35,5 % nas empresas mercantís). E sitúanse, maioritariamente, no rural, en concellos con menos de 40.000 habitantes.

"É un xeito de organizarse a propia sociedade que vai dando resposta ás necesidades que van xurdindo en cada momento. Eu salientaría a capacidade emprendedora agora mesmo en Galicia. A creación de cooperativas e sociedades laborais está en máximos históricos respecto aos últimos anos", explica Celso Gándara, presidente do Foro pola Economía Social Galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade