Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar en Galicia

A DXT inicia unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar en Galicia

Os axentes de tráfico e policías locais comprobarán que tanto os autobuses coma os condutores cumpran coa normativa establecida

G24.gal 17/01/2022 07:57

A Dirección Xeral de Tráfico inicia este luns unha nova campaña especial de vixilancia do transporte escolar en Galicia, que se estenderá ata o vindeiro venres 21 de xaneiro. Os axentes de tráfico e policías locais comprobarán que tanto os autobuses coma os condutores cumpran coa normativa establecida.

En Galicia, esta campaña ten importante transcendencia; é a comunidade autónoma con máis rutas de transporte escolar, que levan a máis de 95.000 alumnos de preto de 900 centros educativos ás aulas.

O 90 % dos accidentes que se producen durante o transporte escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo. En moitos casos, trátase de atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor ou dos acompañantes.

Na campaña equivalente realizada o pasado mes de decembro, realizáronse 374 controis en autobuses e formuláronse 337 denuncias a 166 vehículos. As irregularidades administrativas son as que maior número de denuncias xeraron, como non dispoñer de autorización especial para realizar o transporte escolar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos