Publicador de contidos

Publicador de contidos

A dixitalización mellora a reconstrución dos accidentes de tráfico

A dixitalización mellora a reconstrución dos accidentes de tráfico

A Garda Civil recrea os accidentes sobre escenarios en tres dimensións

O sistema EDR, que será obrigatorio, serve para obter información previa

 

O equipo da DIRAT da Garda Civil reconstrúe un accidente en 3D
G24.gal 22/05/2022 20:15 Última actualización 22/05/2022 20:38

As reconstrucións dos accidentes de tráfico son cada día máis exactas grazas ao avance tecnolóxico co que traballan os departamentos de tráfico especializados.

A petición dun xulgado, os axentes elaboran informes con recreacións en tres dimensións da estrada e dos coches implicados ou calculan con simuladores a velocidade e a freada nas colisións. 

Poden pasar anos antes de que se resolvan as investigacións dos accidentes de tráfico máis graves e complexos. Pero hoxe en día iso non significa que o paso do tempo impida unha reconstrución detallada milimetricamente.

"Con independencia dos propios programas de simulación e reconstrución que empregamos habitualmente, estamos engadindo todo o que é o uso da fotogrametría e ferramentas que nos permiten modelizar un escenario ou vehículos en 3D. Mediante o uso de drons podemos captar imaxes aéreas e a partir de aí crear unha nube de puntos e unha malla pechada. Automaticamente traballamos sobre eses escenarios en 3D", detalla Juan Francisco Cocaña, xefe do Departamento de Investigación e Reconstrución de Accidentes de Tráfico.

No mes de xullo entra en vigor un regulamento da Unión Europea que obrigará a instalar progresivamente nos coches un sistema EDR, o que moitos coñecen como caixa negra pero que é un dispositivo do fabricante para controlar a seguridade do coche. Este aparello contén moita información en caso de accidente.

"Eses datos que para o fabricante teñen unha función concreta a nós facilítannos coñecer a fase de preimpacto, que é o que sucedeu nos cinco segundo previos: aceleracións, deceleracións, xiros de volante, cambios de velocidade... Iso para nós é importantísimo". 

Os departamentos de investigación e reconstrución traballan desde Madrid e Mérida e fan informes a petición dos xulgados de calquera provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade