Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derrota do Racing aperta a zona alta da Primeira Federación

A derrota do Racing aperta a zona alta da Primeira Federación

O Deportivo achégase a cinco puntos dos dous líderes, os ferroláns e o Córdoba

O triunfo do Pontevedra alivia a súa situación pero non o saca do descenso

G24.gal 31/10/2022 20:14

No campo do Fuenlabrada chegou a primeira derrota do Racing. E con ela, a perda da primeira praza. O equipo sabía que no Fernando Torres non llo ían poñer doado, e ao final pasou o que menos lles conviña aos ferroláns: verse por detrás no marcador.

Pola mínima derrotou o Deportivo o Sanse en Riazor grazas a un solitario gol de Quiles no minuto sesenta do encontro. Os coruñeses, que souberon sufrir para gañar, soben ata a sexta posición na táboa.

Peor sorte tivo o Celta B en Barreiro fronte ao filial do Real Madrid. Os celestes adiantáronse no marcador cun golazo de Miguel Rodríguez, pero o filial madridista deulle a volta ao resultado nas dúas ocasións que tiveron antes do descanso.

O Pontevedra, pola contra, sumou tres puntos importantísimos na casa ante o San Fernando. Os pontevedreses abren a zona de descenso con 10 puntos, os mesmos que o Linense, equipo que marca a salvación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade