Publicador de contidos

Publicador de contidos

A demanda eléctrica baixa un 3,7 % na primeira semana de medidas de aforro

A demanda eléctrica baixa un 3,7 % na primeira semana de medidas de aforro

O chamado 'mecanismo ibérico' permitiu aforrar 1.383 millóns de euros en dous meses, 22 millóns de euros ao día, salienta a ministra de Transición Ecolóxica

O Partido Popular insiste en que o Goberno debe retirar o decreto coas medidas de aforro enerxético

O PPdeG levará ao Parlamento unha "batería de propostas" de aforro enerxético

G24.gal 17/08/2022 12:30 Última actualización 17/08/2022 14:55

A demanda eléctrica caeu un 3,7 % na segunda semana de agosto, en que se comezaron a aplicar as medidas de aforro enerxético do Goberno, informou este mércores a vicepresidenta e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Rivera.

Ribera cualificou este descenso como "unha redución importante en plena vaga de calor", nunha conferencia de prensa en Mahón para facer balance do funcionamento das medidas do Real Decreto de aforro e xestión enerxética na climatización para reducir o consumo no contexto da guerra en Ucraína, despois dunha semana de aplicación.

A ministra de Transición Ecolóxica atribuíu o descenso da demanda eléctrica nesa semana do 8 ao 14 de agosto "á maior sensibilidade de fogares e empresas respecto ao uso responsable da enerxía e ás medidas do decreto lei que pedía a redución da temperatura de o termóstato para refrixeración e apagar a iluminación de escaparates e edificios públicos desocupados despois das 22.00 horas.

España aforrou en dous meses 1.383 millóns de euros grazas ao 'mecanismo ibérico'

Teresa Ribera tamén se referiu  ao chamado 'mecanismo ibérico' para o prezo da electricidade. A ministra dixo que está sendo eficaz e que permitiu aforrar 1.383 millóns de euros en dous meses, 22 millóns de euros ao día de aforro en enerxía.

 

Ribera Salienta que os prezos da enerxía en Europa son moitos máis altos que en España

Teresa Ribera salienta que desde o 15 e xullo en España estase pagando de media 143 euros o MWh, mentres que, en Europa os prezos son moito máis altos. En concreto, hoxe en Francia estanse pagando 378, Alemaña 319 euros por MWh e España 139 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade