Pídenlle catro anos de cárcere ao futbolista do Real Madrid Asencio por difundir un vídeo sexual
Aos tres primeiros acúsanos dun delito de revelación de segredos consistente na gravación dun vídeo sexual sen permiso, coa agravante de difundilo, e doutro de pornografía infantil, xa que nas imaxes aparece unha menor

A defensa da menor que aparece no vídeo sexual que tres canteiráns do Real Madrid gravaron no 2023 nun club de praia de Gran Canaria pide catro anos de cárcere para o futbolista Raúl Asencio, ao que acusa de compartilo a propósito e de que foi tomado sen permiso.
O letrado que a representa confirmou que, como acusación particular, pediron xa a apertura de xuízo por delitos de revelación de segredos e pornografía infantil contra os xogadores Juan Rodríguez, Ferrán Ruiz e Andrés García, que xa non pertencen ao Real Madrid, e tamén contra Raúl Asencio, que na actualidade milita no primeiro equipo do club branco.
Aos tres primeiros acúsanos dun delito de revelación de segredos consistente na gravación dun vídeo sexual sen permiso, coa agravante de difundilo, e doutro de pornografía infantil, xa que nas imaxes aparece unha menor, polo que solicita que sexan condenados a catros anos e dez meses de cárcere.
Raúl Asencio non estivo no encontro sexual consentido que os seus tres compañeiros mantiveron coas dúas mozas afectadas, pero impútaselle un delito de revelación de segredos con outro de pornografía infantil, porque supostamente recibiu o vídeo e ensinouno a unha terceira persoa sendo consciente de tres circunstancias: que se gravou sen permiso, que as afectadas pediran que se borrase e que unha das mozas era menor.