Publicador de contidos

Publicador de contidos

A declaración de BIC obriga a abrir a Casa Cornide catro días ao mes

A declaración de BIC obriga a abrir a Casa Cornide catro días ao mes

As visitas públicas serán gratuítas e terán lugar catro horas ao día por determinar

G24.gal 12/05/2023 13:37

A declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da Casa Cornide, o palacete do século XVIII na Coruña en mans da familia Franco,  inclúe, como é preceptivo, a obrigación aos titulares de permitir "a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente".

"O deber de permitir o acceso non se estenderá aos espazos que constitúan domicilio particular ou nos que poida resultar afectado ao dereito á intimidade persoal e familiar", recolle o decreto publicado hoxe no DOG. 

O Consello de la Xunta declarou o pasado 27 de abril BIC a Casa Cornide., un inmoble cuxa propiedade é obxecto de controversia na actualidade, pois tras ser propiedade da familia Cornide pasou a ser pública e entón, nunha operación durante a ditadura, o Concello da Coruña poxouna en 1962 e acabou en mans de Carmen Polo, polo que o Consistorio anunciou accións xudiciais para recuperala.

O inmoble é un dos poucos exemplos que queda da arquitectura residencial da Ilustración en Galicia, e nel viviu unha das máis destacadas personalidades do Século das Luces, o polígrafo coruñés José Andrés Cornide Folgueira e Saavedra.

No seu interior non quedan elementos mobiliarios a protexer. Na planta baixa hai unha escultura pétrea de Santiago apóstolo, unha placa pétrea cunha representación da Virxe e un artesonado de madeira. "Ningún destes tres elementos parece conformar, nin polas súas características, nin pola súa posición nin pola súa instalación, parte integrante orixinal do inmoble, nin se pode establecer ningún vínculo co ben cultural", relata.

Na planta baixa inclúe na declaración dous capiteis, no primeiro piso engade uns arcos tudor e unha cheminea, e no segundo piso unhas portas e outra cheminea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade