Publicador de contidos
Publicador de contidos

A covid golpea con dureza a ACB que treme para definir a Copa

A covid golpea con dureza a ACB que treme para definir a Copa

G24.gal 01/01/2022 18:21

Hoxe foi adiado o Barcelona-Real Madrid. Un día antes a ACB tivera que suspender o Obradoiro Breogán. Había nove partidos na xornada e oito non poderán xogarse. A covid golpea o baloncesto con virulencia e todo xusto antes de remataren a primeira volta e de coñecermos os oito equipos que van participar na Copa, produto estrela da ACB.

O Breogán é un dos dous equipos que non notificou positivos. Logo de varias décadas ten opcións de meterse na Copa pero antes do 31 de xaneiro terá que recuperar dous partidos. O do Joventut será a fin de semana do 15. O do Obradoiro apunta a unha data no medio da semana.

A ACB afronta un serio problema cos catorce partidos pendentes. Se o precisa adiará xornadas da segunda volta porque a prioridade é completar a primeira. Se non é quen de rematala en xaneiro, prepárense para calcular coeficientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar