Publicador de contidos

Publicador de contidos

A covid condiciona o segundo Nadal dos galegos

A covid condiciona o segundo Nadal dos galegos

O incremento de contaxios pola variante ómicron condicionará as reunións e obriga a modificar moitos plans

As probas pcr ou de antíxenos convértense en habituais para ir ás xuntanzas familiares

G24.gal 24/12/2021 19:04

Por segundo ano consecutivo, a pandemia de coronarvirus volverá condicionar a Noiteboa dos galegos.

O incremento de contaxios provocados pola variante ómicron condicionará as reunións familiares e obriga a modificar moitos plans.

"Practicamente os de sempre, non imos facer nada raro, nin cea nin cousas desas, porque ademais non é recomendable", contan na rúa.

"Na casa os catro, o núcleo familiar. Á casa do avós non, este ano non pode ser" explícanos outra muller.

"Para min, eu soliña, porque noutra casa xúntanse máis persoas e non quero, ademais son mozos e eu quero estar soa", comentaba outra.

"Os plans son iguais aos do ano pasado, imos ser 5 nada máis ceando e con todos os coidados que temos que ter", comentaba outro home.

Probas de antíxenos e pcr para as ceas

Cousas que ata agora eran alleas a estas celebracións familiares serán nesta ocasión fundamentais.

"Na nosa casa imos facer todos unha PCR, os familiares, ven meu irmán, meus primos, entón imos facer antes que nada unha PCR antes de chegar á casa", dicíanos outro viandante.

Sexa como sexa, toca celebrar, pero con prudencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade