A Coudet non lle soprende o interese do Barcelona por Javi Galán
"Non me sorprende que se fale del para o Barcelona. Está nun nivel máis que bo polo seu profesionalismo"
Carlos Domínguez e Nolito son baixas no Celta para xogar mañá ante o Barcelona. Cal é a motivación do Celta neste treito final de Liga?
Coudet: "Un obxectivo importante é acabar canto máis arriba mellor e co maior número de puntos posibles. Tratar de gañar"
O técnico do Celta falou do posible interese do por Javi Galán:
"Non me sorprende porque coñeciamos a persoa que iamos buscar. Deuse todo que podía dar. Non me sorprende que se fale del para o Barcelona. Está nun nivel máis que bo polo seu profesionalismo"
Un dos obxectivos do Celta ante o Barcelona e os últimos partidos de Liga, é axudar a Iago Aspas
a conseguir o Zarra:
Coudet: "Intentamos axudar a Aspas a que teña situacións. A idea é gañar, ogallá faga gol Iago ou calquera outro"