Publicador de contidos

Publicador de contidos

A costeira de ostra plana autóctona de Noia entra na súa recta final

A costeira de ostra plana autóctona de Noia entra na súa recta final

Quince barcos traballaron esta semana nos únicos bancos naturais de ostra plana de Galicia

O sector agarda unha repunta dos prezos, que andan polos 2,50 euros de prezo máximo por unidade

Na costeira de Noia traballaron esta semana uns quince barcos
G24.gal 16/12/2022 13:00

A ría de Noia non é só berberecho. Nos seus bancos marisqueiros tamén se fai este mes a única costeira de ostra plana autóctona que hai en Galicia. Na zona de Baroña traballan seis embarcacións. Unha delas, o Mónica. O seu patrón Carlos Brión afirma que este ano son máis barcos do habitual porque o prezo do berberecho non é moi alto.

A ostra descárgase a bordo e escóllese A ostra descárgase a bordo e escóllese

A ostra cóllese con rastros

A manobra é sinxela, pero xa se sabe que cada patrón ten o seu xeito. As arrastradas varían en función do fondo, da velocidade ou das características da embarcación. Uns meten o aparello pola popa coa axuda dun rolo; outros, polo costado. A maioría ten halador para reducir o esforzo, pero hai barcos que meten o rastro a bordo halando á man.

Ostra plana autóctona na lonxa de Testal Ostra plana autóctona na lonxa de Testal

Topes e prezos

A costeira en Noia adoita durar un mes. O tope por tripulante é de 350 unidades. O recurso está en bo estado. O tamaño mínimo é de sete centímetros.

Carlos Brión, patrón do Mónica, comenta que os prezos por unidade andan entre os 0,40 céntimos mínimo e os dous euros e pico de máximo.

Agora, o sector confía nunha repunta da cotización. Hostaleiros como Xosé Suárez agardan un aumento da demanda: "Sempre procuro ter un bo lote. Ao principio da costeira comprei cerca de 5.000 ostras e vou repoñendo segundo vou vendendo", comenta.

ano pasado a costeira de ostra autóctona de Noia rematou con 15.000 quilos e os mellores prezos que se recordan na última década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade