Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coruñesa Julia Benedetti, entre as finalistas do Premio Princesa de Xirona

A coruñesa Julia Benedetti, entre as finalistas do Premio Princesa de Xirona

O galardón pon en valor novos deportistas, e a skater, de só 21 anos, xa ten ás súas costas a participación en dous Xogos Olímpicos

G24.gal 04/12/2025 11:43

O vindeiro 10 de decembro entregarase o Premio Princesa de Xirona aos novos valores do deporte, unha cita que pon cara e voz aos referentes futuros -e de presente- que entenden o deporte como unha ferramenta de impacto social e transformación colectiva. O acto anunciará os tres gañadores -ouro, prata e bronce- nas categorías feminina e masculina. 

Unha das tres finalistas na categoría feminina é a skater coruñesa Julia Benedetti. Aos seus 21 anos xa ten ás costas dúas participacións en Xogos Olímpicos nunha especialidade que tivo a súa estrea no Xapón en 2021 e que continuou en París 2024. Canda ela estarán a aragonesa Inés Bergua, de ximnasia rítmica, e a escaladora de Castela e León Izíar Martínez. 

A Fundación Princesa de Xirona creou este galardón para recoñecer o traballo de deportistas menores de 23 anos, entidades que co seu exemplo promoven valores como a ilusión, a igualdade e os hábitos saudables creando un impacto positivo na súa comunidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade