Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña tínguese de branco e azul ante o Deportivo

A Coruña tínguese de branco e azul ante o Deportivo

A festa, de se celebrar, terá o epicentro na fonte de Catro Camiños

O Concello xa ten preparado un dispositivo especial para que non haxa incidencias

G24.gal 10/06/2022 14:31

O Deportivo da Coruña vai poñer en xogo toda a temporada diante do Albacete. Riazor vai estar cheo para arroupar o seu equipo como ocorre sempre nas grandes ocasións. A pouco máis de 24 horas do partido, na cidade todo está tinguido de branco e azul. 

Tamén o mercado da Praza de Lugo, onde se consideran o xogador número 12 do Dépor, xa está vestido para a ocasión.

Á cidade xa comezaron a chegar afeccionados desde ben lonxe que non queren perder a cita de mañá, no estadio de Riazor, contra as seis da tarde. Veñen tamén animar o seu equipo na final do play-off de ascenso a Segunda División.

Todos agardan pola festa que, de se celebrar, tería o seu epicentro na fonte de Catro Camiños, que xa loce branco e azul.

Pola súa banda, o Concello da Coruña xa ten preparado un dispositivo especial para que todo transcorra sen incedencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar