Publicador de contidos

Publicador de contidos

A planta de hidróxeno verde das Pontes licitarase nas próximas semanas

A planta de hidróxeno verde das Pontes licitarase nas próximas semanas

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, reuniuse coas compañías promotoras

G24.gal 20/05/2023 14:19 Última actualización 20/05/2023 14:37

Nas próximas semanas sairá a licitación a construción da central de hidróxeno verde que promoven Reganosa e EDP nas Pontes, unha das iniciativas chamadas a reindustrializar a comarca e a ampliar a xeración renovable que suplirá o apagamento do carbón.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avaliou os avances coas compañías impulsoras do proxecto.

A primeira gran planta de hidróxeno renovable de Galicia alcanzará unha potencia global de cen megawatts e permitirá crear máis de cen empregos directos e indirectos. A iniciativa está declarada proxecto industrial estratéxico de Galicia.

"Cremos que é unha ferramenta que permite tramitar e acadar os prazos que requiren este tipo de proxectos. Se todo vai ben nas próximas semanas sairemos a licitación para contratar xa na modalidade de "chave na man" o proxecto de construción deste proxecto industrial de cen megawatts de electrólise nas Pontes", explicou o director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas.

A intención é iniciar as obras a comezos de 2024 e que a primeira fase do proxecto poida estar plenamente operativa en 2026. Francisco Conde adiantou que a Xunta solicitará o compromiso do Goberno central para dotar a planta das infraestruturas eléctricas que permitan a conexión á rede. 

"É imprescindible esa conexión á rede para o funcionamento da planta e que se poidan completar as súas necesidades para a súa posta en marcha. Son necesidades vinculadas á modificación da planificación eléctrica, necesidades de 55 megawatts que permitirían a conexión á rede".

Francisco Conde salientou a importancia da planta na descarbonización do sector enerxético galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade