Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comunidade ucraína celebra un encontro de cultura e solidariedade no Monte do Gozo

A comunidade ucraína celebra un encontro de cultura e solidariedade no Monte do Gozo

Despois de case medio ano en Galicia algúns dos refuxiados valoran xa planificar a súa vida aquí

Un dicionario galego-ucraíno editado pola Consellería de Educación facilitará a intercomprensión nas escolas e fóra delas

Refuxiadas ucraínas celebran no Monte do Gozo unha xornada de irmandade co pobo galego
G24.gal 18/09/2022 14:29 Última actualización 18/09/2022 15:06

Preto de medio ano levan xa aquí as familias ucraínas refuxiadas. Non hai un só día en que non estean pendentes dos que deixaron aló pero cada vez son máis os que asumen que a curto prazo non hai moitas posibilidades de volver.

Mentres, atopan en Galicia, puntos en común que nos achegan, tal e como recoñecían dúas das refuxiadas ucraínas que este domingo participaron en Santiago na xornada de irmandade. 

"O meu corazón sofre porque me gusta moito este lugar é moi parecido aos Cárpatos en Ucraína. Son diferentes, pero aseméllanse. Por iso aínda non sei o que vou facer". 

"Somos parecidos en que todos amamos a vida, a tranquilidade e a paz". 

Valores universais, que se comparten nesta xornada de cultura e solidariedade entre o pobo ucraíno e o galego. Amosarnos as súas tradicións á vez que eles van adquirindo tamén as nosas é unha mostra de agradecemento que nos fan como pobo de acollida. A súa integración, nas escolas, e incluso laboral vai tendo xa resultados.

Para facilitar o intercambio lingüístico o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou neste encontro un dicionario bilingüe que está xa nas escolas e na web. 

"É para que todos os nenos e nenas refuxiados que están escolarizados na súa totalidade en Galicia teñan un coñecemento de primeira man de como se pronuncian conceptos básicos como poden ser árbore, libro, auga... Ao mesmo tempo tamén para que os galegos e galegas, docentes e persoal non docente poida ter unha comprensión de primeira man con eles".

Durante todo o domingo terán música, artesanía e actividades lúdicas no Monte do Gozo, a onde convidan a calquera persoa que se queira achegar para coñecelos un pouco mellor.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade