Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comunicación de futuro, a debate no foro 'Carta de Santiago' no Gaiás

A comunicación de futuro, a debate no foro 'Carta de Santiago' no Gaiás

Un foro internacional que busca solucións de futuro para os retos que plantexa a era poscovid

40 expertos nacionais e internacionais analizarán diferentes sectores e ciencias para buscar respostas e sinerxias

As liñas de actuación finais quedarán recollidas nun documento denominado 'Carta de Santiago'

nadia 05/11/2021 21:33

A Cidade da Cultura acolle o foro internacional 'Carta de Santiago' para analizar os diferentes eidos aos que nos enfronta o futuro máis próximo tras a pandemia.

As industrias culturais ou o propio xornalismo terán que adaptarse a un novo escenario de comunicación. A democratización deste sector mestúrase cunha maraña de canles e redes sociais que distorsionan e mesmo desinforman. O xornalista Nacho Carretero asegura que é moi importante que os medios comecen a distinguirse e diferenciarse para conseguir o seu motor: a veracidade.

As noticias falsas, a propaganda e mesmo as mentiras como arma política están á orde do día. Os medios de comunicación temos un deber social pero o individuo ten parte de responsabilidade á hora de dar como veraz unha información no medio desta nebulosa, como explica a viñetista de prensa Flavia Álvarez máis coñecida como Flavita Banana.

Durante esta fin de semana falarase tamén dos desafíos que trae consigo a ecoloxía e o cambio climático, o deseño e a arquitectura futurista, sen esquecer o emprendemento e as crises migratorias. As conclusións finais deste foro quedarán rexistradas nun documento (Carta de Santiago) que será a semente das liñas de actuación para un futuro a curto prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade