Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión Europea merca 250 millóns de doses da vacina Hipra para este outono

A Comisión Europea merca 250 millóns de doses da vacina Hipra para este outono

Pedro Sánchez aplaude o acordo: "Por fin logramos esta vacina"

G24.gal 02/08/2022 17:25

A Comisión Europea pechou un acordo de compra coa farmacéutica Hipra de 250 millóns de doses da súa vacina contra a covid-19 para o próximo outono. A UE considera que engade unha opción máis á carteira de vacinas comunitarias.

"Debido ao novo aumento de casos en Europa, este acordo porá a vacina de Hipra á disposición dos países participantes en canto a vacina reciba unha avaliación positiva por parte da EMA", sinalou a Comisión

Sánchez aplaude o acordo

O presidente do Goberno celebrou o contrato de compra conxunta: "Por fin logramos esta vacina". Segundo el mesmo sinalou, "é unha proba magnífica do ben que pode funcionar a colaboración público-privada nunha nova política industrial".

Tamén sinalou que este feito fai que España sexa referente en vacinación e valora a adquisición fronte a novas variantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos